LOGO_REGALAMUSICA_GALICIA_NEGRO

Antilia

Antilia foto

Antilia. Binomio de música viva. Resultado da suma dos acordes elegantes, máxicos e complexos da guitarra de José Churruca coa expresión do canto exquisito, intelixente e sutil de María Costas. Tres palabras que definen o seu fabuloso directo: Swing, Arte e Oficio.” María Armesto.

As composicións de Antilia teñen un sabor atlántico, aberto, nostálxico, pero tamén diáfano e vital. Non deixan a ninguén indiferente. Teñen influencias do jazz, do blues, do rock sinfónico e aportacións do folk, cun toque de sofisticación nos arranxos, fuxindo do obvio, do fácil encasillamento. Uns textos poéticos en galego que conseguen fío directo co público e van mais alá dos lugares comúns.

Influencias que van dende Bob Dylan a Joni Mitchell, pasando por referentes como Billie Holiday, Amalia Rodrigues, Jose Afonso e Caetano Veloso, Antilia naceu escoitando a Madredeus, pero tamén a King Krimson, Led Zeppelin e Mike Oldfield, bebendo de Amancio Prada e Jei Noguerol.

WordPress Video Lightbox



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.