LOGO_REGALAMUSICA_GALICIA_NEGRO

La Casa de los Ingleses

La Casa de los Ingleses

La Casa de los ingleses é unha banda de pop. De cancións sinxelas e directas. Unha coidada estética tanto nas melodías como no escenario e unha pegada certeira caracterizan a este grupo de rapaces galegos. Dende 2012, ano no que deciden saír a tocar en directo, foron moitos e moi variados os concertos que ofreceron pola xeografía galega, resultando gañadores en varios concursos de nivel local e autonómico, coma o “Liberty Music Play”, o “Fest 2015”, ou o “15 Bolos” en 2016. En 2015 publican o seu primeiro traballo, “Punto de partida”, un EP autoeditado co que se dan a coñecer, que xa deixa ver o gusto da banda polas melodías efectivas e os medios tempos pegadizos,  e do que rapidamente esgotan a súa primeira edición. Grazas a este puideron compartir escenario con grupos como Novedades Carminha, Nixon ou Pumuky e telonear a outros como Tulsa ou Dorian. En xuño de 2018 ve a luz o seu primeiro LP, “La Tierra es plana”, tamén autoeditado e que están a presentar nunha xira por todo o territorio estatal.

WordPress Video Lightbox



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.