Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña na escena musical, inciou a súa viaxe en Cambados para, posteriormente, recorrer unha gran diversidade de lugares acompañada das súas letras e a súa guitarra. Neste percorrido, acompañou nos escenarios a Vituco Neira (Ruxe-Ruxe), entre outros, e colaborou coa banda de rock-metal NAO. En 2021 publicou o seu segundo album chamado «Testemuñas», no que mestura diversos ritmos e colaborou con grandes artistas do panorama musical galego como Leo de Matamá, High Paw, Nee Barros e Fosi Labazada.
ESCÓITAA
NOVIDADES