Nacida no seo dunha familia de artistas de procedencia galega e asturiano/arxentina, Sheila Patricia é unha cantautora e intérprete que destaca pola mestura na súa música de estilos populares galegos con influencias electrónicas contemporáneas. No ano 2022 publicou o seu album «ORIXE», composto por 10 cancións nas que conflúen diversas culturas e rinde homenaxe as súas raíces.