O dúo feminino Vudú son Belém Tajes, teclado e voces xunto con Maritxinha no baixo e loops. Nace na Coruña no ano 2016, un ano antes, gravan en formato cuarteto un primeiro EP nos estudos Bruar da Coruña e gracias a ese EP gañan en Compostela o premio á mellor canción en Galego por «Eu son VooDoo» no certame Musica Xove. No 2017, despois dunha nova andadura de concertos presentando o formato dúo, gañan o Premio Martín Códax da Música galega na categoría Blues/Funk/Soul, consolidándose no seu estilo e buscando novos formatos de directo. O seu segundo EP, foi gravado en Abrigueiro Estudios da man de Arturo Vaquero e foi autoeditado en 2017, cunha tirada de 300 exemplares feitos e pintados a man. Acaban de gravar o seu primeiro disco que será presentado no inverno de 2018.
Vudú son letras chegadas da música tradicional galega con armonías fundamentalmente Soul e R&B. Vudú é unha música íntima, elegante para grandespequenos momentos.