LOGO_REGALAMUSICA_GALICIA_NEGRO

Revenidas 2017. Que facer no festival das linguas mais ecléctico. (18-20 de agosto)

Un Festival con identidade propia e ben definida. Un festival que serve de ponte entre comunidades e coma festa da Lingua e a irmandade. A maior mistura de estilos e festa rachada en Vilaxoán.

Se hai unha cousa que fai que un evento teña éxito, esa é a de diferenciarse dos demais con algunha característica que o faga único. Se inda por riba esa característica resulta fusionarse á perfección co entorno onde se celebra e ademais apoia ó patrimonio cultural o resultado será aínda mellor.
Con esa idea (a de exaltar o idioma e a cultura de cada comunidade) nace Revenidas hai 14 anos na pequena vila de Vilaxoán.
Pero a cousa non remata aí senón que durante estas 14 edicións engadiu unha boa morea de propostas musicais. Inicialmente centrábase no onda mais rockeira e a fusión coa música celta e de raiz. Unhas gotas de mestizaxe, punk, ska…
Pero ó centrarse na lingua foi acollendo cada vez artistas mais diversos dentro da variedade de xéneros musicais, ate chegar a un concepto ecléctico que abarca todos os ámbitos de música mantendo o nexo común das linguas autóctonas. Este ano, con 26 bandas, presenta o cartel mais variado ata a data de hoxe.

E complicado escoller unha selección de artistas para ese días, xa fixeramos un repaso dos mais importantes no noso articulo previo repasando o aspecto musical do festival. Un concepto variado non facilita destacar uns estilos por riba de outros. Unha oportunidade de coñecer a algúns invitados ilustres e de desfrutar dos grupos da casa que tanto nos gostan: Terbutalina, Sondarúa, Noite Fechada, Bolboreta, Doen, Zapa, Voodoo, La duendeneta, Galifunk Brass, Os terribles de Arousa, Bloquinho Aperta, De Vacas, Ugía Pedreira e Pierrot Rougier, Lydia Botana, O Leo i Arremecághona, Najla Shami e Xurxo Souto…

 

Destacamos como novidade a inclusión das bandas Skindred e Bohemian Betyars, que foron as últimas en incorporarse a este espléndido cartaz que presentan este ano os rapaces do Revenidas.


A maiores o festi non descansa en actividades, ofrecendo Dub na praia todo o día nas xornadas de sábado e domingo para os amantes dos graves contundentes e da onda Dancehall. Así como cámping de balde, feira de artesanía, actividades para toda a familia (os clásicos xogos populares), food trucks…
A xornada do sábado achegarase con unha das tradicións de Vilaxoán e do Revenidas; a sardiñada popular. E case imposible pensar no Revenidas e non ter a imaxe das sardiñas acabadas de asar… A moitos non lles gustará o cheiro pero a nos arrecéndenos.
O sábado este ano vai para lendario, xa que se engade unha nova zona de restauración para os amantes da Gastro-moda, con estrelas Michelín e as súas propostas culinarias (entendemos que haberá algunha tapa inspirada na sardiña).
E por se quedase curto o plan tamén haberá unha gala de Circo Solidaria, pasarrúas, percusión en vivo, actuacións de balde… Paga a pena achegarse a Vilaxoán o sábado a pesares de non ter abono para o Festival. Que por certo, aínda se pode conseguir seguindo esta ligazón.

Despedimos este articulo co vídeo oficial do festival Revenidas 2017, que reflexa á perfección o espírito do mesmo e fai un repaso rápido dos grupos que vos atoparedes nos seus escenarios. Xa tarda en chegar a fin de semana para visitar Vilaxoán.

 

WordPress Video Lightbox



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.