Catuxa Salóm chega a Cambados para amosarnos o seu proxecto máis especial e persoal, unha coidada fusión de música galega, ritmos tribais e espírito electrónico onde se mesturan voces, guitarras e elementos de percusión a través de loops e efectos.
Catuxa presenta o seu directo xunto a Lucía Cortiñas na percusión e Yudith Almeida no contrabaixo, conformando unha proposta rompedora.