De paseo por París

Nesta ocasión, abrirá a Compostela Swing & Manouche Jam Session un recoñecido trío de músicos da cidade, baixo o título «De paseo por París». Un percorrido polo repertorio do swing francés, dende Django ata guitarristas actuais do xénero, da man do guitarrista David «Tato» Vázquez, acompañado por Xabier Mera á guitarra rítmica e Juyma Estévez ao contrabaixo.