EXISTEN PLATAFORMAS PARA PARTICIPAR EN CONCURSOS DE VIDEOCLIPS DE TODO O MUNDO
En Galicia temos varios concursos de videoclips onde poderás mostrar o teu talento e probar sorte no mundo audiovisual. Pensa que os concursos, inda que moitas veces teñen unha ampla competencia e un nivel moi elevado, son un gran escaparate ao público e grazas a eles, poderás aumentar a túa visibilidade. Non te desanimes se non resultas seleccionada en ningún. Segue traballando e seguro que os resultados chegarán!
Tanto se és artista coma realizadora, anota ben na túa axenda, porque aquí tes algúns concursos de videoclips galegos moi interesantes:
FESTIVAL DE CANS
O festival do agroglamour por excelencia conta con sección de videoclips a concurso. Para participar, o teu videoclip terá que ser dunha banda ou artista galeg@, ou ter membros ou membras galeg@s. Ademáis, deberá estar dirixido por directoras ou directores galegos e ter sido rodado no 2020 ou 2021. A inscripción ao concurso é gratuita, e o premio está dotado con 500 euros ao clip que gañe o premio do xurado, e 300 euros o que gañe o premio do público. A data límite para entregar os videoclips foi o pasado 16 de maio. Non perdas a túa oportunidade na próxima edición de 2022!
FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE
É un festival de cine que se celebra en Vigo, e que tamén ten sección oficial a concurso de videoclips. Para participar, o teu videoclip terá que estar feito en Galicia ou por galegos/as, e terse producido nos anos 2019, 2020 ou 2021. O xurado do concurso é doble: popular e profesional. A inscripción é gratuita, aínda que lamentablemente e a data límite de entrega foi o 30 de abril. Pero sempre podes esperar ao próximo ano para participar! Bótalle un ollo as bases deste 2021 para ir preparada o ano que ven:
PREMIOS MAKETON MAELOC
O veterano programa musical “Maketon” dos 40 ten o seu propio concurso, o “Maketon Maeloc”, con máis de 20 anos de vida ás súas costas e tamén con sección videoclips, ademáis de galardoar aos mellores discos, directos, ou produtor@s. O que non poderás facer é inscribirte, xa que o propio festival elixe aos nominados e nominadas segundo o seu criterio.
A gala de entrega de premios soe contar con actuacións musicais e celebrarse en salas de concertos da cidade.
XUVENTUDE CREA
É un certame de novos creadores da Xunta de Galicia. Non ten unha sección específica de videoclips, pero si de videocreación, onde é posible que teña cabida o teu videoclip. Para presentarte, deberás tener entre 16 e 30 anos, vivir en Galicia e non ser profesional. A contía dos premios oscila entre 1.000 e 3.000 euros. A convocatoria de 2021 todavía non está aberta, pero podes botarlle un ollo ás bases deste pasado 2020.
MUSIC@ARTE
Este certame celebrará a súa primeira edición este 2021, e está dirixido ás escolas de música, conservatorios e centros de ensinanza musical pública e privada de toda Galicia, así que para poder presentarte deberás formar parte dalgunha escola o conservatorio de música. Establécense 4 categorías: mellor videoclip inédito, mellor videoclip de covers, mellor videoclip en galego e mellor videoclip para o público. O prazo límite para presentar o teu videoclip a concurso é o 20 de xuño.
CURTAS ARMADIÑA
É un festival de música que se celebra en Combarro, e que conta dende 2018 con concurso de videoclips dentro do certame “Curtas Armadiña”. A canción do videoclip terá que estar gravada en lingua galega, e o que resulte gañador será proxectado durante o festival. Todavía non están abertas as bases de este ano, pero mentres, podes botarlle un ollo ás bases de 2019:
Anos atrás existiu acategoría videoclips no Ourense Film Festival, no que o xurado eran estudantes de audiovisual que participaban voluntariamente como xurados. Lamentablemente este ano non figura xa a categoría videoclip.
E se que queres presentar o teu videoclip a concursos de todo o mundo, podes recurrir ás plataformas virtuais coma MOVIEBETA, FESTHOME ou FILMFREEWAY, que aglutinan na súa base de datos centos de concursos con sección videoclip, a onde poderás enviar o teu dixitalmente. Tan solo terás que rexistrarte, cubrir o teu perfi e subir o teu videoclip con todos datos técnicos que che soliciten. Unha vez feito iso, poderás elexir a qué concursos queres enviar a túa inscripción. Conta con que a maioría dos concursos teñen custo de inscripción, aínda que todavía hai moitos gratuitos.