DETERIORADOS o grupo de Country&Blues Heroico da Delta do Morrazo, foi seleccionado hoxe en Finlandia como referente da poboación envellecida en Galiza, por representar a capacidade musical e creativa do galego medio, máis alá da formación reglada no conservatorio.O premio denominado «Olet ollut oman», según a traducción máis axeitada «Fuches ti», ten unha dotación de 30.000 euros e é a primeira vez que recae nunha colectividade do noso país. DETERIORADOS irán a recoller este galardón na próxima primavera no célebre auditorio de Helsinki deseñado polo arquitecto de sona internacional Alvar Aalto. O grupo da Delta do Morrazo ven de sacar un doble cassette que baixo o título xenérico «Clases Pasivas», se agotou prácticamente no momento da súa posta á venda en tendas, gasolineiras e no portal regalamusica.es. Os 10 temas incluídos neste clásico soporte analóxico sobre cinta, están inspirados nas vivencias persoais dos seus compoñentes e localizadas na ría de Vigo e na delta do Morrazo. DETERIORADOS, debido á expectación creada a partir da nominación que veñen de recibir deste país nórdico e atendendo á demanda dos seus fans, volven a reeditar o seu cassette «Clases Pasivas», agora remasterizado.
DETERIORADOS – MELLOR EN GALIZA 😉
Claro que a DETERIORADOS gostaríamos ter ido a Helsinki, ademais na primavera, momento no que o frío xa non é tan acusado. Xa sabes a estas idades calquera “corrientita” pode ser fatal.
Pero non, non iremos a Finlandia, case mellor así pois non sei que íamos facer cos 30.000 euros do premio. Non fora a ser o carallo que si os cobráramos nos quitaran a pensión. E ata ahí podíamos chegar.
Polo de agora imos quedar aquí desenvolvendo este marabilloso proxecto denominado VULNERABLES, adicado ao “envellecemento activo” moi acorde coa cronoloxía que esta a vivir a nosa xeración nada nos 50, e dos que a formación musical DETERIORADOS é só a punta de lanza.
Estamos en contra de que os maiores sexan automáticamente desprazados ao cumplires a idade de xubilación a unha especie de “ghetto” onde só ten cabida a xente da mesma idade. Facilitar a interacción creativa, artística, comunicacional… con outras xeracións e vital.
Por iso, para dar visibilidade ao proxecto VULNERABLES, tomamos onte, 28 de decembro, a licenza de facer esa especie de “fake” titulado: “DETERIORADOS, O GRUPO DE COUNTRY&BLUES HEROICO DA DELTA DO MORRAZO, PREMIADOS EN FINLANDIA” e distribuilo a través do propio whatsapp, no xornal Faro de Vigo -coa colaboración do xornalista Fernando Franco – e na web http://www.regalamusica.es, por cortesía do productor musical Javier Abreu.
O resultado de comunicación foi tan positivo e o voso apoio tan sincero que estamos abraiados polo cariño dispensado. Non sei se fuches quén de tomalo con “sorna” tal e como corresponde a algo así, Pola nosa parte tentamos por todos os medios que o contido da mensaxe non tivera ningunha acritude e que so fora algo ilusionante que lle puidera pasar a calquera na vida ben polo traballo desenvolvido ou de modo fortuito. Ese tipo de cousas que non se agardan e que veñen como caídas do ceo.
En calquera caso, se ben este premio Filandés forma parte da ficción, pensamos que a acción de desenvolvida con esta iniciativa por creíble e diferencial pode gañar algún premio de Comunicación Comercial e Marketing Viral en tempos de crise. Quén sabe?.
Grazas a tod@s
PD. O do cassette tivo tal éxito que non descartamos facer próximamente esa edición remasterizada.