LOGO_REGALAMUSICA_GALICIA_NEGRO
deteriorados

SESIÓN NÁUTICA DE DETERIORADOS

16 de septiembre

¿CÓMO FOI?

Antes …

O día anterior recibimos á banda no estudo de gravación e gravamos un tema inédito. Ademais, documentámolo con imaxes para obter un micro-documental do proceso.

O domingo …

Na Sesión Náutica visionamos o minidocumental gravado o día anterior; a banda presentou en directo a nova canción e gozamos dun concerto único e especial.

A todos os asistentes que adquiriron a súa entrada en Regalamúsica invitámolos a unha paella “Made in Náutico” no post-concerto!

DETERIORADOS

“Country-blues heroico” … esa é a proposta musical de Deteriorados, punta de lanza dun proxecto orixinal sen ánimo de lucro adicado ao “envellecemento activo” denominado VULNERABLES, baseado na interacción dos mozos universitarios con persoas da terceira idade a través de iniciativas audiovisuais, artísticas e comunicacionais. Goza da presentación deste proxecto universitario que transmite un discurso de innovación social interxeracional articulado xunto á música dos clásicos do blues-rock reconstruídos con historias de aquí sobre narcotráfico, a política local, as nosas rías, os poetas, os pementos de Padrón…

Como única compensación á participación nesta iniciativa do grupo de voluntarios da USC DETERIORADOS, coa finalidade de solidarizarmos e axudar á difusión deste proxecto sen ánimo de lucro adicado ao “envellecemento activo interxeracional, ademais de darlles a oportunidade de presentar publicamente a súa proposta nun lugar emblemático da nosa comunidade como O Náutico de San Vicente do Mar, desde REGALAMUSICA, faremos algo especial …

Deja una respuesta

WordPress Video Lightbox



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.