LOGO_REGALAMUSICA_GALICIA_NEGRO

Especial: A cultura do viño en Galicia. Cambados Cidade Europea do Viño

Cambados foi elixida este ano como Cidade Europea de Viño 2017. Estamos a preparar un especial sobre a cultura do viño en Galicia como homenaxe a esta xesta histórica para o produto “Rías Baixas”.

Cun programa cheo de actividades (ate 80), unha tremenda presentación e a implicación de todos os veciños e comerciantes da zona, Cambados acada o logro de se converter na Capital de Europa do viño. Este foi o vídeo que se mandou a concurso e que supuxo o detonante deste premio que tinguirá este ano de vermello ou amarelo (segundo os gustos particulares):

 

O programa de festas de este ano basease na tradición. Cambados celebra as festividades clásicas de corte relixioso. 16 de xulio, o día do Carmen, coa sua mítica procesión marítima, unida á festa da exaltación á vieira (Festa de interese turístico galego). 17 de xullo, festa mariñeira en honor a San Antonio. 18 de xullo, Santa Mariña, Patrona de Cambados, coa sua procesión acompañada de gaiteiros e bandas de música. 20 de xullo, San Tomé con degustación de mexillóns e produtos co molusco coma protagonista.

E será na primeira semana de agosto cando se celebre a festa gastronómica mais importante da vila de Cambados, declarada de Interese Turístico Nacional, celebrada dende 1953 e unha das mais potentes do circuíto nacional en torno á cultura do viño. A Festa do Albariño.

Adegas Pazo de Ferfinanes

Na segunda semana de agosto chega a novidade, coa festa pola que tanto se loitou este ano; a Festa Europea do Viño onde se poderán degustar todas as denominacións de orixe de ámbito europeo. A festa definitiva para os amantes do licor procedente da uva.

Cambados destaca no ámbito vinícola con percorridos de bodegas especializadas, salas de cata e as mellores infraestruturas de Galicia. Así como o seu museo do viño e unha das poboacións mais destacadas na Ruta do Viño Rías Baixas, certificada como unha das mais importantes no panorama nacional.

Toda esta oda ó viño terá o seu clímax sibarita nas dúas semanas seguidas de exaltación á bebida da luxuria e a verdade. Que unirá de xeito excepcional A festa do Albariño coa Festa Europea do viño: mais casetas, mais actuacións, mais días de festa e por riba de todo… Mais viño!!

Seguiremos atentos ás novidades en Cambados, programas musicais e toda a festa que rodea ó nomeamento. Namentres invitámosvos a visitar a web turística da vila para seguir coñecendo os seus lugares de interese. Noraboa!!



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.