LOGO_REGALAMUSICA_GALICIA_NEGRO

Festival de Cans: Arrinca o Festival do audiovisual mais Singular

A canción de Eladio y los seres queridos marca o inicio dunha nova edición (XIV) do festival de audiovisuais mais enxebre e glamouroso de Galicia. Botamos unha ollada ás novidades deste ano.

Un novo ano e unha nova edición de Cans na que se volven a bater todos os rexistros de participación con 235 producións galegas a concurso (algunhas delas moi destacables) para se presentar nun dos anos de maior crecemento do sector audiovisual.

Xa con confirmacións no terreo musical, con espazo patrocinado por Mahou veremos a León Benavente, Edu Romero e ó grupo Eladio y los Seres Queridos, que nesta edición do festival de Cans teñen a honra de agasallarnos coa súa canción oficial. Deixámosvos por aquí a miniatura do vídeo da presentación para que vaiades aprendendo o tema para cantar a viva voz eses días:
.

 

Pero non estarán sos, senón que se verán acompañados de artistas coma Uxía, Radio Océano, que se xuntan de novo co motivo do Festival para lembrares grandes éxitos do seu mítico disco “Esto no es Hawai (nin falta que fai)” (1986, xa choveu, a ver si para este ano nos sorprenden con novo traballo).

E á marxe das actuacións musicais e as xa coñecidas proxeccións que pasarán durante todo o evento polas pantallas dos clásicos recintos, teremos debate con algúns dos directores de cine mais destacados do ano; xente coma Óliver Laxe, Simone Saibene, As “Also Sisters” (que se presentan co filme que arrincará esta edición: A Historia dun Satélite), así como destacadas figuras do panorama do cine e a televisión en Galicia.

A gastronomía, tan de moda este ano outra vez, tamén terá o seu espazo en Cans coa presencia de Inés Abril e Rafa Centeno, do restaurante Maruja Limón, que farán unha demostración na Plaza do Concello de Porriño baixo o nome de “Tapas de cine” (non hai que esquecer que ambos os dous levaron estrelas Michelín polo seu traballo na restauración).

Este ano o premio homenaxe recae en Miguel de Lira (o mítico Currás de Mareas Vivas), que tamén asistirá ó día a día de Cans para formar parte de toda a diversión proposta no clásico de Porriño.
Tendo en conta as palabras de Alfonso Pato: “o nivel das curtas galegas está subindo e cada vez abranguen máis xéneros“ este ano será un dos mais variados, con material de maior calidade e aumentará o número de sorpresas nas proxeccións.

Un ano moi prometedor que, co valor engadido de non ter os apoios das institucións públicas que si chegaron en pasadas edicións, sae adiante unha vez máis para seguir sendo a proposta mais aberta, tola i enxebre do audiovisual galego. Todo un referente da nosa cultura que esperamos siga gozando de boa saúde moitos anos mais.

Para mais novidades, consulta de programación e adquirir as vosas entradas podedes visitar a web do festival e desfrutar do agroglamour en estado puro. Vémonos en Porriño do 24 ó 27 de maio.

WordPress Video Lightbox



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.