Un festival benéfico 100% galego, con algúns dos mellores artistas de Galicia e cun produto moi querido por toda a comunidade: O Leite.

Hai dous anos que un grupo de gandeiros galegos decatáronse de que, entre toda a oferta gastronómica que rodea ós festivais de música, non existía unha adicada de xeito específico a un dos produtos mais importantes da nosa comunidade.

O grupo Leite Noso, unha das novas propostas xurdidas para revitalizar o panorama gandeiro, mercou a marca “Deleite” coa idea de envasar grandes volumes de lácteos na planta de Outeiro de Rei recollendo leite de todos os principais gandeiros de Lugo e A Coruña.

Co obxectivo cumprido de producir más de un millón de litros de leite ó mes, e cumprir coas expectativas xeradas con esta acción comercial, toca o aquendo de dar o seu lugar ó produto entre a xente, destacándoo entre os diferentes rangos de idade e gustos a través de múltiples campañas como “O leite mola”.
Un dos pasos que quixeron dar en virtude de chegar a novo público e amosar as bondades do leite, foi a de crear un festival musical asociado a sua imaxe e, xa de paso, facer medrar o circuíto musical cun novo evento que podería ter unha edición cada ano se todo saía ben.

O primeiro festival do Leite. celebrado en Santiago, foi todo un éxito con dez dos mellores grupos galegos coma Novedades Carminha, Eladio y los Seres Queridos, Ataque Escampe, Tony Lomba… E a presencia do coñecido actor e humorista Xose Antonio Touriñán. Podedes ver aquí un resumo do acontecido na pasada edición:

Un ano despois confírmase o éxito do certame e da marca “Deleite” cunha nova edición do “Festival do leite”, que este ano volve a traer ó mellorciño do circuíto musical de Galicia, novos invitados, maior oferta de servizos e repetirá algunhas das fórmulas que tan ben funcionaron no 2016, pero esta vez na capital lucense.
Este ano os representantes que actuarán no Festival do Leite serán:

Terbutalina
Adrián Costa & The Criers
Best Boy
Os Amigos dos Músicos
Escuchando Elefantes
Atrás Tigre
Musel
Caxade
The Funkles
Cachas & Cousins
Primordiais

E por suposto, a presencia de “Touri” como mestre de cerimonias e de Luis Davila como invitado, que porán o punto de humor a todo o evento así como serviren de nexo de unión entre as bandas e os asistentes. Tendes a información de última hora na seguinte ligazón.
A maior diferencia será que este ano se celebra en Lugo, no Parque do Pazo de Feiras e Exposicións, en contraste ó acontecido o ano pasado, no que Santiago de Compostela foi escollida como sede.
O Festival ten un fin social por enriba de achegar ó leite e a marca de gandeiros ó público asistente, e destinará os beneficios das barras de bebida e o merchandising a axudas para os refuxiados.
Tamén disporá de banco de alimentos para quen queira doar produtos alimentarios de primeira necesidade ós mais desfavorecidos e que se sumará ás cantidades de leite que o grupo dará para cubrir estas carencias, que transcenden ó puramente social.
Cun cartel tan atractivo, sendo de balde o con carácter benéfico, non podemos agardar outra cousa que non sexa un éxito en recadación, asistencia e pegada musical. Porque o leite mola, pero a música de Galicia non lle queda á zaga, nin moito menos.

Vémonos en Lugo, a partires das 12:00 no Parque de Pazo de Feiras e Exposicións. Non esquezades traer comida para compartir e, xa sabedes: “O leite mola”.

Deja una respuesta



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.