LOGO_REGALAMUSICA_GALICIA_NEGRO

O Grammy 2017 ó mellor disco de “World Music” fala galego

Estamos que o tiramos!! Nico Casal abrázase ó Oscar no 2016, Alberto Vázquez leva dous Goyas polas súas películas de animación e agora Cristina Pato e a sua banda “Silk Road” tráense o premio mais prestixioso no mundo da música; O Grammy.

 

Pero ó mellor de todo non é que Cristina simplemente forme parte da xeitosa formación musical multicultural. O mais interesante descóbrese ó examinar algunhas das pezas que compoñen este traballo, onde se recolle un tema tradicional galego: “Cabaliño”. Unha canción traída dunha das mais antigas tradicións que se lembran, que nos fala das últimas colleitas da tempada previas á festa que se celebra ó redor delas.

 

Unha peza rescatada a través da investigación de artistas como Davide Salvade, co seu estudio do cancioneiro de Dorothé Schubart e as súas investigacións en A Limia, onde atopou a orixe do termo que da nome á canción.

 

Antigamente, nalgunhas zoas rurais de Galicia, chamábase “cabalo” ó prado onde se sementaba o cereal. Na época de recollida, cando se chegaba ó final do traballo, reuníanse ó redor dos últimos fardos a cantar, celebrar e conxurar á boa sorte para futuras tempadas. Se e que poden dicir que somos fríos, pero levamos a música e a festa no sangue (non hai mais que ver os veráns de festivais que chegan cada ano).

 

Salvado recoñece que sinte o tema como seu (e de toda “A Banda das Crechas”) e que para el é un orgullo formar parte do disco de Silk Road de xeito indirecto. E, dígovos eu, se é unha canción popular, recollida da tradición dos nosos maiores, se cadra todos deberiamos sentirnos un pouco partícipes de este Grammy.

.

 

Parabéns a Silk Road, a Cristina Pato, a Davide Salvado, a Dorothé Schubart e a todos os pais e nais destas cancións populares que tanta riqueza nos legaron, e que isto sirva de incentivo para continuar investigando e rescatando o máximo posible da tradición oral musical que tanto nos enriquece na actualidade.

 

Deixámosvos por aquí a ligazón ó disco gañador co tema “Cabaliño” a través de seu spotify.

WordPress Video Lightbox



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.