LOGIN

Sés

María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés, nada na Coruña en 1983, é unha cantautora galega.

Comezou a súa formación no baile e na música tradicional galega. Ademais diso, é mestra e licenciada en filoloxía galega e antropoloxía social.

Foi no ano 2007 cando creou o grupo Chámalle Xis! xunto con outros tres amigos. Foron un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso Acoruña Son, apadriñado por Santiago Auserón. Despois de máis de 30 concertos por toda Galiza con Chámalle Xis! e logo de colaborar con grupos e artistas coma Zënzar, Xabier Díaz, Xosé Bocixa e Guillerme Fernández, en 2010 Sés gravou unha maqueta con tres temas “Tola atrás de ti”, “Admirando a condición” e “Se te vas”, producida por Airapro. En marzo de 2011 gravou o seu primeiro álbum de estudio chamado Admirando a condición, e o 7 de xuño de 2013 presentou o segundo álbum Co xenio destrozado, no Teatro Principal de Santiago de Compostela. En 2015 saíu á venda o seu terceiro disco: Tronzar os valos.

Plataformas dixitais:

deezer itunesspotify

VÍDEOS
Regalo de la Semana
nos ha cedido esta canción para que puedas escucharla, disfrutarla y compartirla,
enviándosela a quien tu quieras como regalo, sin coste alguno.
ESCUCHAR


REGALAR


Aquí puedes escribir un mensaje para la persona a quien quieres regalar la canción del día

×
Novedad de la semana
×
Regístrate
  • Este campo es un campo de validación y debe quedar sin cambios.
×