Concierto en Santiago de Compostela de A Banda Xangai + Rastreros

A Banda Xangai + Rastreros
Sala Malatesta
Santiago de Compostela (A Coruña) 18/01/2020 A las 21:00
Precio: Desde 10€
punk, Rock
Compra tus Entradas

Hai 25 anos naceu o Bravú,  un fenómeno cultural que chegou con acento galego qpara marcar a toda unha xeración. Culturactiva S. Coop Galega e a Sala Malatesta celebran tan sinalada data cun concerto dos protagonistas desta explosión musical con denominación de orixe: O Bravú. Rastreros e a Banda Xangai poñen a música e se proxectará o documental “XX anos de bravío” dirixido por Anna Diz.

A BANDA XANGAI

Xúntanse na Banda Xangai nomes importantes da música galega, de bandas xermolo do movemento Bravú e proxectos posteriores: Os Diplomáticos de Monte Alto (Xurxo Souto e Pulpiño Viascón), Os Papaqueixos (Xan Xove e Antón Díaz), O Jarbanzo Negro (Nacho López), Dios Ke Te Crew (García), As Garotas de Ribeira (Sofía Tarela), A Magnifique Bande dos Home Sen Medo (Martiño Mato e Olivier Cano)… Xuntos conforman unha locomotora musical de vocación festiva.

Xangai é moito máis que un grupo: colle prestado o alcume do tren que durante décadas uniu Galicia e Catalunya. Ese intercambio humano, social, cultural e artístico entre o Atlántico e o Mediterráneo é o fío condutor dunha iniciativa única da que xa agromaron festivais poéticos ou formacións musicais e que viviu un dos seus puntos culminantes na celebración do 40º aniversario do Ateneu Nou Barris de Barcelona, o centro social máis antigo do Estado e que sempre contou cunha forte presenza da emigración galega.

RASTREROS

Conta Xavier Valiño que o nome saliu do que lles dicíao Algarrobo, un sastre comunista: “Sodes uns rastreiros”. Utilizan como local de ensaio, unha cuadra na aldea de Quintá (Chantada). Parece ser que tras o seu primeiro ensaio, as vacas non deron nin gota de leite.
Pouco a pouco vanse facendo un nome nas frías terras do Monte Faro, quentando o ambiente a base de moitas revolucións e unhas ganas de festa contaxiosas das que damos fe os que tivemos a oportunidade de velos en directo.

WordPress Video Lightbox



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.