Aldaolado é un dúo poético-musical formado en 2005 e composto por Lucía Aldao e María Lado.
Aldaolado realiza unha mestura de poesía con humor e música de carácter transgresor, nun exercicio de comunicación directa co espectador. Naceu en 2005 da unión das poetisas Lucía Aldao e María Lado, coa intención de participar no proxecto chamado Translítera, dirixido por Rafa Xaneiro e producido polo Consello da Cultura Galega. Presentaron nel o espectáculo Onde estea un cubata que se quite un soneto. A súa intención foi dende ese momento ofrecer poesía dun xeito amable e divertido á vez que elas desfrutaban recitando. Dende entón o grupo foi aumentando a audiencia, destacando a súa presenza no Luar en dúas ocasións.