Nestor Pardo en formato Banda, estará de novo en #GarufaClub. Nestor Pardo (Voz / Guitarras / Teclados) MIguel Piñeiro (ContrabaIxo), Santi Roma (Batería) NESTOR PARDO montou a súa primeira banda con 19 anos e desde entón percorreu todos os xéneros de raíz afroamericana, do blues ao rockabilly, pasando por o rhythm & blues, o country e folk. En 2008 emigra a Madrid para finalizar os seus estudos de Música Creativa e contacta con Roi Fontoira, con quen monta unha banda de R&B e Swing coa que percorren diversos países europeos, antes de emprender a súa carreira en solitario e gravar dous discos con temas propios. Profundando no seu coñecemento do blues, tras os últimos meses vivindo e actuando en EEUU, volta a xirar pola península.