Concierto en Pontevedra de Antez

Antez
Sala Liceo Mutante
Pontevedra (Pontevedra) 24/01/2020 A las 20:30
Precio: Desde Desde 5€(En Taquilla)
Experimental, World music

Tras visitarnos por última vez xa fai cousa de dous anos, ven de volta co seu proxecto musical “Continuum”, baseado na vibración da percusión frotada. A resonancia e as texturas que este músico francés crea na sala sumérxete nunha atmósfera que él mesmo vai enchendo de sons. Antez define o seu proxecto desta forma:

“A base desta actuación é simpatizar coa estrutura resonante do espazo, esculpindo cada vez unha nova experiencia sonora segundo a súa singulariedade arquitectónica.
O concepto do espectáculo permanece mutable até o último momento, empregando procedementos exclusivamente acústicos e métodos de produción xerados polo movemento do meu corpo.

A miña primeira inspiración para producir un son contiuo cun instrumento de percusión evoluiu a través dun proceso de investigación das cualidades acústicas do espazo da actuación. Recollendo varios obxectos e dispositivos durante as miñas xiras e no meu lugar de traballo adaptei esta peza para ser tocada nunha percusión grande, que se emprega como un vibrante amplificador.
Desenvolvo unha afinidade íntima cos materiais en vibración. Teño que avaliar estas vibracións no meu corpo a diferentes niveis, para poder coordinar as miñas psoturas e movementos e así poñelos tamén en vibración. Para dar vida a esta vibracións, emprego, dende 2008, a circunnavegación.

O meu son é con frecuencia comparado con certos sons producidos por sintetizadores. Pola contra, os meus sons acústicos dependen da calidade de reflexión das superficies circundantes e do volume do propio espazo onde se produce.”

¿Quieres compartir este contenido?
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
WordPress Video Lightbox



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.