Concierto en Santiago de Compostela de Baiuca + Dj Nigga Fox + Dj-Firmeza

Baiuca + Dj Nigga Fox + Dj-Firmeza
Festa 15º aniversario de Curtocircuíto
Sala Malatesta
Santiago de Compostela (A Coruña) 05/10/2018 A las 22:30
Precio: Desde 10€ anticipada / 12€ billeteira
Electrónica, Folk, fusion
Compra tus Entradas

Pode unha caixa de ritmos danzar ao ritmo dunha muiñeira? Poden os ritmos de antonte sonar aos de pasado mañá? Como se delimitan as fronteiras entre a música tradicional, a folktrónica, a música de clube, a world music, as gravacións de campo e o beat da máquina? As Rías Baixas son o noso Amazonas. Así o deixa claro BAIUCA, novo proxecto capitaneado por Alejandro Guillán, onde consegue combinar o máis avanzado e vangardista da música electrónica e as raíces máis salvaxes e puras da súa Galicia natal. Na nosa festa de 15º aniversario estará en formato live a/v co cineasta Adrián Canoura traballando coas imaxes recuperadas polo arquivo do Centro Galego de Artes da Imaxe. CGAI.

DJ NIGGA FOX e DJ FIRMEZA, membros do prestixioso selo portugués Príncipe, chegan a Compostela coa colaboración da axencia Filho Único. Ambos mesturan ritmos como o kuduro ou a batida coa música de club: Dj Nigga Fox ofrece un vistazo ao son da Lisboa contemporánea coa súa psicodelia bailable, vangardista e infecciosa. Dj Firmeza tamén se apoia en xéneros angolanos como a semba e na influencia da comunidade migrante de Lisboa, para construír tanto momentos de intensa enerxía como texturas e melodías máis íntimas.

WordPress Video Lightbox



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.