Battosai son Héctor, Nolo e Roque, tres milennials aos que lles gustaría ter pertencido á Xeración X. Así, cansados de vivir neste mundo en Alta Definición mercamos un Delorean na deep web co obxectivo de viaxar no tempo para traer do pasado a música da nosa infancia.
Mediante composicións propias plasmamos o son de bandas de rock dos 90 como son Smashing Pumpkins, Nirvana ou Soungarden, pero cun prisma máis actual. Unha boa dose de muros de guitarras e de melodías desgarradoras, á vez que pegadizas, que crean o ambiente perfecto para letras de caracter existencial.
Temos dous singles editados ata hoxe ‘Cuanto Tiempo’ (2019) e ’12:21′ (2020).
Fomos gañadores do último certame do Xuventude Crea 2020 e neste ano 2021 sacaremos o noso primeiro disco gravado no estudio Ultramarinos Costa Brava da man de Santi Garcia, un dos produtores de máis prestixio da escena underground da península.