Hora:
A las 22:00
 
Gratuito

Concierto en O Porriño de Best Boy

Artistas:

Best Boy é o resultado de meses de traballo e composición, pero de anos de acumulación de experiencias e vivencias. Desde proxectos musicais case improvisados acumulando quilómetros de furgoneta, ata performances de madrugada acompañando as sesións de DJs; sen esquecer as interminables jams nas que a versatilidade e a soltura en escena son necesarias aliadas.

Best Boy aglutina e mostra, ademais, diferentes visións do mundo que nos toca vivir, aínda que sempre cunha actitude acougada e visto desde o prisma da madurez . Esta “experiencia” non só se fai patente nas cancións, se non que se transmite inevitablemente cara a calquera forma de manifestación da banda … desde a súa produción videográfica ata os seus concertos.

Best  Boy atópanse cómodos en calquera formato … desde un pequeno concerto acústico , íntimo, para uns poucos amigos … ata un gran festival onde sexa necesaria a enerxía e a comunicación con grandes audiencias.

Cerrar información