Arxentina de nacemento pero galega de toda a vida, a carreira de Belém nace entre cantigas de avoas, medra tocando e cantando en agrupacións tradicionais, continúa na escola de música de Oleiros, nos Conservatorios de Coruña e Carballo e na USC, e consolídase como unha das nosas grandes artistas en proxectos coma Luar na Lubre ou Vudú e colaborando con bandas coma Moura, Momboi ou Vetusta Morla.
Belém Tajes preséntase agora no seu formato máis persoal e libre, acompañada de Cibrán Seixo (violín, sintetizador) e Nicolás Vieites (guitarra), onde abre o caixón da emoción para compoñer con honestidade cancións inspiradas no folclore das dúas beiras do Atlántico: Galicia e Arxentina.