O grupo, formado por Brais Monxardín, Vadim Yukhnevich e Miguel Anxo López, constitúe un proxecto que toma como eixo definitorio a «música de raíz e a vontade de expresala desde a experimentación e o inconformismo».
O seu primeiro traballo foi Fonsagrada, «froito da complementariedade e das inquedanzas de tres músicos que souberon conxugar o repertorio gaitístico e vocal da comarca da Fonsagrada con sonoridades que proceden do jazz europeo, o rock ou a vertente clásica».