Carlos Núñez

Carlos Núñez
Culturgal
Auditorio Pazo da cultura
Pontevedra (Pontevedra) 01/12/2018 A las 21:30
Precio: Desde Desde 15€
Folk
Compra tus Entradas

Carlos Núñez volve a Pontevedra case dez anos despois na xira de presentación do seu primeiro libro “A irmandade dos celtas” 

Carlos regresa a casa este ano nunha xira única dende mediados de novembro ata principios de abril pasando polos principais escenarios do país. O sábado 1 de novembro, dentro da programación de Culturgal 2018, concerto especial no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Esta xira vai estar baseada no primeiro libro escrito por Carlos, “La Hermandad de los Celtas”, que se presenta o 25 de setembro coas dúas primeiras edicións xa esgotadas só en preventas. Un libro no que nos conta a súa visión do celta como unha utopía milenaria que, dende hai séculos, creou un imaxinario universal que hoxe segue sendo unha inesgotable fonte de inspiración artística.

O libro analiza a música celta dende múltiples perspectivas: histórica, musicolóxica, cultural, etc., e aborda aspectos moi diversos: a súa relación con outras músicas e estilos, as súas formas, os instrumentos característicos da súa interpretación, o seu ámbito territorial de expansión e influencia, etc.

WordPress Video Lightbox



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.