Concierto en O Porriño de Collón de Lola

Collón de Lola
Tributo al Xabarín Club
raza Arquitecto Antonio Palacios
O Porriño (O Porriño) 26/09/2020 A las 18:00
Gratuito
Rock

O Collón de Lola é unha banda de versións do Xabarin Club. Cancións que marcaron toda unha xeración de rapaces e que agora poderedes escoitar nun espectacular directo onde o rock and roll e a caña son os protagonistas.

Abrumados ao darse de conta de que todo tempo pasado foi mellor e, sobre todo, pasado, é dicir que xamais volverá, lonxe de intentar deixalo todo atrás e mirar cara a adiante, os 6 coompoñentes procedentes de diferentes lugares de Galicia, como Ferrol, Tui, Santiago, Pontevedra e ata Francia ou Polonia, decidiron embarcarse na búsqueda do limbo onde o bocata de nocilla, o rock´n´roll e as series de televisión son os protagonistas; aqueles tempos nos que soamente tiñas que te preocupar de a qué nivel de superguerreiro chegaría Songoku ou se Crilín conseguiría ao fin reunir a valentía para meterlle ficha a c18.

Os compoñentes, Martin Kuperberg “Kuper” (Guitarra), Alberto Quintía “Quinti” (Baixo), Iago Sayáns “Peteiro” (Trompeta), Adrián Salgado “Pichi” ou “Loca” (Batería), Jacobo Roselló “Pupi” (Voz), e Raúl do Metal “Mazinger” (Voz), son xente con influencias musicais moi diversas (Rock, Death Metal, Crossover, Rumba, Leticia Sabater…) pero que teñen en común unha única relixión: o Xabarín Club.

Dende o ano 2011 Collón de Lola levou o seu espectáculo por toda Galicia, tocando en lugares como Ribeira, Arbo, Santiago de Compostela, Tui, Ferrol, A Guarda, Tomiño, Pontevedra, Redondela ou A Coruña.

WordPress Video Lightbox



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.