Nestas xornadas nas que lembramos os anos que a familia Castro Murguía viviu na Coruña cando Manuel M. Murguía foi traballar ao Arquivo do Reino de Galicia en 1871. Fano entre 1871 e 1874, na casa número tres da rúa do Príncipe. Alí naceu a única filla coruñesa do matrimonio: Amara (1873-1921).
A esa casa da Cidade Vella e á estancia de Rosalía na Coruña vincúlanse dous poemas importantes dentro da obra rosaliana e que a autora incorpora a Follas novas (1880). Un deles é o asinado expresamente na Coruña en 1971 con este título: “Na tomba do xeneral inglés Sir John Moore, morto na Batalla de Elviña (Coruña) o 16 de xaneiro de 1809”. O outro é “Pra A Habana”, que encabeza o libro de Follas novas que leva por título “As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos”.
PROGRAMA
Xoves 11 de novembro
18.00 Concerto de “Rosalía Pequeniña” (Uxía Trío) [Teatro Rosalía]
20.00 Concerto de Najla Shami [Teatro Rosalía]