Zënzar é unha banda de punk rock galega procedente de Meirama (Cerceda), e formada durante o outono do ano 1987.
Son a banda con máis anos de actividade en Galiza facendo rock en galego, polo que son alcumados a miúdo como «os padriños do rock galego». O vocalista do grupo é o polifacético Xosé Bocixa.