Concierto en Allariz de Tinta Imaxinaria

Tinta Imaxinaria
Ponme un Poema
Espazo do Festival Internacional de Xardíns de Allariz
Allariz (Allariz) 05/06/2021 A las 20:00
Gratuito
Cantautor
“Tinta Imaxinaria” é o nome baixo o que a coñecida regueifeira e poeta Alba María (voz) e o músico Queco Díaz (guitarra) ofrecen un fermoso espectáculo no que mesturan, dun xeito orixinal e abraiante, as artes da #poesía, a #improvisación, a #literatura escrita e a #música.
Nada máis e nada menos!
Partindo de obras literarias, de palabras que o propio público pode propoñer (consciente ou inconscientemente) ou de estímulos do contexto inmediato, esta parella de artistas crea pezas poético-musicais que unicamente existen no aquí e no agora performativo, que nunca máis se repetirán.
Música e poesía puramente efémera que perdura, porén, en cada unha das persoas que teñen a fortuna de presenciar este espectáculo único.



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.