Tanxugueiras son o maior referente do folk galego contemporáneo que pisan os escenarios hoxe. Cun directo enérxico e potente converten cada recital nunha festa. Cun repertorio que viaxa entre o repertorio tradicional e composicións propias, estas tres cantareiras ofrecen un espectáculo para todas as idades consolidandonse como unha formación única e orixinal.
Os seus temas Figa e Midas superaron todas as expectativas e fusionando as raíces galegas con ritmos próximos ao trap e a electrónica posicionáronse nuns dos máis reproducidos.
HORARIOS
20:00h Apertura de portas
21:00h Concierto
RESERVA DE ENTRADAS
Entradas dispoñibles a partir do luns 13 de setembro ás 10:00h a través da Oficina de Turismo de Arzúa e no 981 508 056 (de luns a venres de 10:00h a 14:00h e de 15:00h a 19:00h).
CONDICIÓNS DE ACCESO As prazas serán limitadas e iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición. Cada persoa pode reservar un máximo de 4 prazas. As reservas poden ser individuais ou dobres. As persoas que fagan reserva dobre declararán responsablemente ser convivintes. O día do concerto, as persoas con reserva deberanse presentar como mínimo 15 minutos antes do concerto. No caso de non facelo, esas prazas quedarán a disposición de público sen reserva por orde de chegada