«Mulleres en acción: Violencia Zero» chega a Baiona coa peza “palabr(A)” a cargo da da artista Najla Shami, vocalista e compositora ,”Unha conversa que xurde da necesidade de expresar a forma do mundo na boca dunha muller usando a poesía e a música como vehículo e arma”
O evento terá lugar o luns 9 de agosto ás 21:00 h. no parque da Palma. As persoas interesadas en desfrutar do evento, poderán reservar praza a través do enderezo electrónico administrativo.cim@baiona.gal facilitando nome e apelidos , NIF e teléfono de contacto ata o vindeiro luns 9 ás 12:00 horas ou a través do teléfono 986 35 75 54 en horario de 9:00a 14:00 h . ou poderán facilitar os seus datos no acceso ao recinto o propio luns de haber butacas libres. Para acceder ao recinto é obrigatorio o uso da mascarilla, manter a distancia de seguridade e cumprir todas as medidas de prevención da COVID 19 .