The Manueles é un grupo de surf rock que repasa o legado que deixou a inspiración do fundador do estilo na California dos últimos anos cincuenta. Manuel Freitas, emigrante galego en California, creou o grupo xerminal do estilo sen chegar a gravar nunca un disco, The BlaCk Rinchas. A pesar do seu inexistente legado discográfico, a súa lenda inspirou a grupos posteriores como The Shadows, The Ventures, Dick Dale e incluso ó pioneiro da guitarra eléctrica Link Wray.
O repertorio de The Manueles baséase nese legado de segunda man, para investigar a dimensión sonora que Freitas creou indirectamente con The Black Rinchas. Con respecto cara esa tradición tamén revisan algún standard de jazz rebozado no que poderíamos chamar un Black Rincha flavouring.