Concierto en Cangas do Morrazo de Banda Nelson Quinteiro

Banda Nelson Quinteiro
Sala Salason
Cangas do Morrazo (Cangas do Morrazo) 12/06/2021 A las 18:30
Precio: Desde 10€
tradicional
Compra tus Entradas

Banda Nelson Quinteiro
Xénero: Concerto. Música tradicional e popular galega
Intérpretes: Álvaro Cardalda (acordeón), Iago Prieto (gaita), Xan Pérez (percusión tradicional e voz), Nelson Quinteiro (ukelele, voz, percusión)
Aupá! é o nome da nova proposta musical e banda de Nelson Quinteiro que xorde da súa unión cos músicos Álvaro Cardalda  (Os Terribles de Arousa, Sanjurjo e Dopico, A Quenlla) Iago Prieto (Fiadeiro, Traspés, Corisco, Queixumes)Xan Pérez (Traspés, Los jinetes del Trópico, Son de Seu…) e na que Nelson Quinteiro  aporta voz, ukelele, caixón flamenco, percusións tradicionais, pedais de loop, etc.
Aupá! proponnos un son divertido e bailable, creando unha experiencia ideal para maridaxes do máis variado.
O repertorio da Banda Nelson Quinteiro parte da música de taberna, coas súas foliadas, muiñeiras e pandeiradas e achégase á esfera do café cantante con aires de rumba, habanera, pasodoble, tango, fox-trot…
Despois do traballo de fondo destes catro artistas a bordo de propostas como ser charanga residente do colectivo «Mais Cantos» ou nos espectáculos e pasarrúas de Nadal coa proposta «Os Apalpadoriños», en Aupá! propoñen darlle duro á pandeireta e poñer á xente a bailar!!!!
No noso primeiro ano de vida estivemos en escenarios como a programación Re-Inicia o Verán do Excmo Concello de Poio, Festival Revenidas de Vilaxoán (Espazo Deleite) ou en formato virtual dentro do Festival Internacional Rebulir (FIR Ramirás, Ourense), así como na entrega de premios da Asociación Andaina de Redondela.



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.