Os Bar Ban Sónicos fórmanse a principios do ano 2018 na Pobra do Caramiñal con Manel Casal na voz e guitarra, Amroth Lopes no baixo e coros e Abel Cores na batería. Sustentan o seu repertorio nas bases do garaxe e do punk rock. Concertos enérxicos e contundentes con poucas concesións ao virtuosismo e ao onanismo instrumental.
Após a publicación en outubro de 2020 do EP “Alimentando o nervio” e dun par de singles dixitais no verán do 2021, no mes de novembro dese ano sacan o seu primeiro álbum “Quimicamente impuro” con 14 temas que van do punk rock mais clásico, ao garaxe e ao rock de guitarras suxas e poderosas de toda a vida, e que están a presentar nunha xira por toda a Galiza.