rene e Sofía veñen de ambientes radicalmente diferentes. Irene é autodidacta e leva cantando dende que ten memoria. A súa voz, potente e tremendamente característica, levouna moi lonxe. Por outra banda, Sofía Oriana, posúe unha longa traxectoria no mundo académico; graduada, entre outras cousas, en composición musical polo Conservatorio Superior de Música Eduardo Martínez Torner e especializada en composición audiovisual para cinema e televisión grazas ao seu mestrado da Universidade Kingston de Londres. Un dos seus traballos máis destacados é a BSO para a película de Isabel Coixet «Elisa e Marcela»