Oîma é un trío de músicas para baile de tradición galega e europea Unha proposta musical concibida tanto para escoitar como para botarse a bailar, ligando os ritmos galegos (muiñeira, xota, pasodobre, valse) cos doutras latitudes (chapeloise, scottish, bourrée, rachenitsa). Xuntáronse no 2015 e desde aquela pisaron unha chea de escenarios, tanto en formato concerto como en formato balfolk, pero non foi até decembro de 2019 que editaron o seu primeiro disco, Ala!