Willie Buck naceu en Houston, ás beiras do Mississippi hai xa 85 anos. Aos 17 emigrou para buscarse as castañas á capital mundial do blues, Chicago.
Alí pasou anos combinando traballo duro e mal pago, con actuacións en clubs. Cada día pasaba por Maxwell Street Market, lendario mercado de barrio onde os bluesmen da época tocaban e sacábanse unhas moedas extra. Introduciuse de cheo na comunidade “ South side- sound” que agrupaba a músicos da época.
Nos 70 s grava o seu primeiro single: “ The Disco Blues” que lle abre as portas para comezar a virar por México e Canadá, para máis tarde dar o salto a Europa (Francia e Holanda).
En 2004 chégalle o gran recoñecemento e pasa a formar parte do “Blues Hall of Fame”, coincidindo co lanzamento do seu disco “I wanna be loved” que relanza definitivamente a súa carreira.
Comezan as súas xiras internacionais ata hoxe en día: Europa, Sudamerica, Oceanía, Asia…
Entre os seus últimos discos podemos atopar “ The life I love” (2010), “ Cell phone man” (2012) e “ Songs for Muddy” (2011). Este último gravado en Madrid, acompañado por Jose Luís Pardo, Quique Gómez e a súa banda. Un disco con 14 clásicos de Muddy Waters.