Tendo á fronte o dúo Robert Sput Searight (batería) e Nate Werth (outros instrumentos de percusión) de Snarky Puppy —banda gañadora de varios premios Grammy—, Ghost-Note é unha explosión de son. Desde o seu debut no 2015 a formación existiu sen complexos e, cun elenco repleto de supermúsicos, que atesoura membros colaboradores de Prince, Snoop Dogg, Erykah Badu, Herbie Hancock, Kendrick Lamar, Marcus Miller, Toto, Justin Timberlake e moitos outros, está levando o funk ao futuro. Constrúe sobre os alicerces legados por James Brown e Sly & The Family Stone e achega a súa frescura á que suma sabor de afrobeat, de hip hop, de psicodelia, de world music… Dous discos, un Fortified (2015), dous Swagism (2018), e seduciu crítica e público de todo o orbe poñendo o ritmo en primeiro plano, ofrecendo un groove irresistible e firme que sostén a súa deliciosa e salvaxe corrente melódica. Ámbolos discos chegaron a número 1 nas listas de jazz de iTunes. Esta crecente familia musical encabeza os carteis dos mellores festivais internacionais, ante todo.