Todos os eventos cumprirán estrictamente todos os protocolos establecidos polas autoridades sanitarias competentes: uso de máscara, aforo reducido, distancia de seguridade, uso de xel hidroalcólico. Apertura de portas, unha hora antes do inicio do espectáculo. Nos showcookings abrirase portas media hora antes. O público estará sentado en todo momento. Máximo dous entradas por compra. O aforo ocuparase por orde de chegada tras pasar un filtro de seguridade. As cadeiras estarán separadas 1m. É obrigatorio respectar as indicacións e sinalizacións do recinto e do persoal do evento en todo momento ademais de responder todas as súas dúbidas. Non mudes de cadeira e trata de non levantarte. De conformidade coa normativa vixente e coa R.X.P.D, os datos de acceso serán comunicados ó Concello de Meis, e gardados un mes para garantir a trazabilidade sanitaria.