Tras un ano de inactividade, os Heredeiros da Crus volven aos escenarios coa súa ‘xira angústica’: unha proposta fóra dos seus estándares habituais, que os sitúa nun marco acústico onde realizan unha profunda revisión do seu repertorio coa elegancia como denominador común.
Neste exercicio de reinvención para formular unha proposta acorde coas restricións actuais, Heredeiros da Crus vainos amosar unha faciana totalmente novedosa, descoñecida, pero tremendamente impactante. Melodías espidas de fogos de artificio que crean novos himnos a escribir na historia da música en Galicia.