O ciclo de concertos Xoves Musicais, trae o xoves 5 de agosto á Praza do Corgo, á grovense Carolina Rubirosa, acompañada de Rafa Otero.
Carolina Rubirosa é unha das compositoras e cantantes máis prometedora de Galicia. A súa música é ecléctica, honesta e busca emocionar.
Compartiu escenario e traballos discográficos con artistas como Coque Malla, Miguel Ríos, Javier Gurruchaga ou Andrés Calamaro. Gravou coa Real Filharmonía de Galicia e resultou gañadora en varios concursos, como ‘Revolution Unplugged’ de Europa FM ou ‘Sonidos Mans 2019’.
No seu repertorio, cancións de sabor vintage conviven con outras de corte máis vangardista, dando como resultado un selo persoal único.