O xoves 12 de agosto, a Praza de España acolle a partir das 22:00 horas o concerto de Juan Perro.
Santiago Auserón Marruedo, tamén coñecido como Juan Perro, é un cantante, compositor, escritor e filósofo español.
Foi compositor e vocalista do grupo musical Radio Futura (1979-1992), inicialmente enmarcado na chamada ‘Movida madrileña’ e que posteriormente evolucionaría para converterse en xerme do que se deu en chamar rock latino.
Tras a separación do grupo emprendeu unha carreira musical en solitario co sobrenome de Juan Perro dun eclecticismo que funde o son cubano, a música africana, o jazz ou o blues, entre outros.
É Doutor en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid. En 2011 recibiu o Premio Nacional das Músicas Actuais, concedido polo Ministerio de Cultura de España.
É irmán de Luís Auserón, baixista e tamén integrante do grupo Radio Futura.
Non haberá reserva de entradas, polo que o acceso será de balde e por estrito orde de chegada ao recinto, ata completar aforo.