Moura somos os ecos dos cantos druídicos entoados na Idade Antiga, megalitos en visión calidoscópica, guitarras coma arpas de bardos e pés bailando arredor do lume no último acantilado do planeta. Un aquelarre de brétema psiquedélica progresiva con raigame folk e mitoloxía galaica empregando a lingua galega como voz ritual comunal que persegue o transo colectivo