O martes 10 de agosto, a Praza da Ferraría acollerá a partir das 21:00 horas un concerto de Nastasia Zürcher.
Vocalista e compositora galego-suíza, é graduada en Canto, Interpretación e Técnicas de Escenario na Escola Internacional de Artistas de Jesús Yanes, CEV (Madrid).
Galardoada cos Premios Martín Códax da Música polo seu traballo musical, publicou dous discos de autoría propia, e actualmente está a traballar na produción e gravación do seu terceiro álbum de estudio.
Artista libre e curiosa, cantante ecléctica e amante das fusións, ofrece unha visión pura, honesta e persoal da comunicación e unha conexión emocional a través da música.
Non haberá reserva de entradas, polo que o acceso será de balde e por estrito orde de chegada ao recinto, ata completar aforo.