O sábado 14 de agosto ás 22:30 horas, Triángulo de Amor Bizarro subirase ao escenario das Pistas de Campolongo.
Triángulo de Amor Bizarro editou o seu quinto disco en 2020, producido por Carlos Hernández. É un dos grupos máis respectados e reivindicados na escena independente iberoamericana da última década.
Desde o primeiro momento non deixaron de crecer, e cada álbum supuxo un paso adiante nunha evolución imparable. Este disco supón a consecución de todas as súas virtudes, e será sen dúbida o traballo polo que serán lembrados no futuro.
Non haberá reserva de entradas, polo que o acceso será de balde e por estrito orde de chegada ao recinto, ata completar aforo.