Concierto en Santiago de Compostela de Dios Ke Te Crew 

Dios Ke Te Crew 
Sala Capitol
Santiago de Compostela (A Coruña) 27/05/2022 A las 21:00
Precio: Desde 15€
Hip-Hop, Urbano
Compra tus Entradas

Despois dunha longa tempada, os Dios Ke Te Crew están de volta!

Ao pouco de lanzar o seu último LP, O Ciclo da Serpe” (DKTC Sons, 2019), a xira de actuacións viuse interrompida pola pandemia. Foi aí cando o grupo tomou a difícil decisión de non realizar actuacións en directo ata que as condicións, para público e banda, fosen axeitadas ao formato característico do seu show.

Pois ben, aproveitando esta “parada”, Sokram, Mou, Jamas e Padre Murdock estiveron a argallar novos contidos… que traen coma froito un novo e agardado traballo, adiantado co videoclip/single OG” (feat. Boyanka Kostova).

A banda de hip hop creada en Ordes no 2003 está a piques de celebrar o seu vixésimo aniversario… e traen moitas novidades.

Non quererás que cho conten, verdade?

Pois xa podedes reservar os tickets para o concerto de presentación deste novo traballo! Apunta ben: 27 de maio na Sala Capitol ás 22:00. 

WordPress Video Lightbox



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.