LOGO_REGALAMUSICA_GALICIA_NEGRO

Concierto en Santiago de Compostela de Sheila Patricia Trío

Sheila Patricia Trío
Sala Casa das crechas
Santiago de Compostela (A Coruña) 27/11/2021 A las 21:00
Precio: Desde Sin Información
Cantautor, fusion

SIMBIOSE é o novo espectáculo de Sheila Patricia
con Chucho González nas voces e
batería ,Gabi Reboredo na percusión
galega e voces e Miriam Rodríguez nas voces.
Trátase dunha revisión de ritmos populares galegos e
de outros lugares do mundo que, fusionados
con electrónica dan lugar a un novo formato onde
o ritmo e o movemento toman todo o protagonismo.
Unha mestura de cores con sabor atlántico a
camiño entre o tradicional e o moderno.
Sheila Patricia é unha das novas voces de Galicia, cunha
especial sensibilidade e unha potente presenza do
empoderamento na súa música.
Filla dunha galega e dun arxentino, percibimos nas
súas composicións trazos do folclore de ambos
lugares.
A contínua preocupación polo seu, pola súa terra
reflíctese no seu discurso artístico, recuperando
o sentimento do canto popular, herdanza da súa avoa,
unha das máis fortes referencias femininas de Sheila.
WordPress Video Lightbox



Para suscribirte a nuestra lista de correo debes aceptar la política de privacidad de regalamusica.es

Puedes eliminar tu suscripción en cualquier momento a través del link que incluimos en el pie de nuestros emails.