![]()
Rock no Alboio é unha xornada para palatear bo rock and roll no contexto da vendima nun territorio famoso polos seus viños Albariños e Condados. Nesta primeira edición queremos realizar unha aposta por visibilizar o traballo dos pequenos produtores locais, que realizan un traballo único coa representación dun total de seis adegas.
O evento terá lugar nas instalacións da Adega Corisca, en Baldráns (Tui) e nel contarase coa presencia dos responsables das adegas, que servirán e comentarán as peculiaridades dos seus Albariños, Condados e Tintos, así como unha proposta gastronómica de proximidade e, por suposto, rock and roll.
Cartel:
- 13.00 h Family Folks
- 16.00 h The Lelli Kelly´s
- 18.00 h The Bo Derek´s
Para completar a oferta teremos sesión Dj e algunha sorpresa máis.
Un pequeno festival para disfrutar dos viños do noso territorio, coñecer aos produtores e as suas propostas, bailar ao son de tres bandas moi divertidas e sentir o terruño desta parte da D.O. Rias Baixas.