Cantas Verbas é un espectáculo único de hora e media de duración que xunta tres propostas diferentes buscando conectalas. Tres propostas coas que poñer en valor a calidade e variedade da escena musical actual na nosa lingua e tres sonoridades – Berio Molina e Xiana Arias, Caldo e Ataque Escampe – nas que as historias exploran diferentes linguaxes para ser contadas. Cantas Verbas é un proxecto do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 que acolle a lonxa do Museo do Mar de Galicia en Vigo.